O área sanitaria de Ferrol volveu sufrir un repunte do número de contaxios por coronavirus nas últimas 24 horas. É o segundo día consecutivo no que aumentan os casos por enriba do que o estaban a facer dende o mes de abril, onte a contención da pandemia estaba a ser «positiva» segundo o Sergas.
Os datos proporcionados pola Dirección Xeral de Saúde indican que actualmente se diagnosticaron nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal 367 casos o que supón un crecemento neto de 11 infectados máis respecto ao martes. A boa nova e que a meirande parte de eles son positivos e non requeriron de hospitalización.
Do total de casos detectados, 339 están no domicilio e 28 ingresados nos hospitais comarcais de Ferrol, seis deles na UCI con sintomatoloxía máis grave. O total de falecidos ata o de agora é de 25, dos cales dous falceron en residencias de maiores e 23 estando hospitalizados.