Eran aproximadamente as seis e media da tarde cando varios efectivos do Servizo de Emerxencias de Vilagarcía, nunha volta rutinaria polas augas próximas, atoparon a un grupo de seis mozos desubicados. Estes rapaces, que nun principio saíran en varios kayaks dende a praria das Cunchas, terminaron adentrándose con suma rapidez no mar sen que eles mesmos se percataran de tal feito.
Entre o descoñecemento da mocidade por ser de Ferrol e a maiores pola densa néboa que desde temperá imposibilitaba a visión do horizonte, os seis amigos non tardaron moito en desvanecerse, ata que o Servizo de Emerxencias puido atopalos. De feito segundo as testemuñas de varios efectivos que se achegaron a zona, os rapaces non tiñan unha sensación de pánico, xa que a pesar de que saíran pola mañá e non foron localizados ata pasadas as seis non tiñan medo debido a súa proximidade coa Illa de Cortegada. Os mozos terminaron de volta á terra en varias quendas, xa que a embarcación que os atopou non tiña tanta capacidade para todo o grupo.
Porén, aínda que o propio Servizo de Emerxencias anunciou que non tiña moita gravidade o asunto -pois as embarcacións desprazábanse ó sur onde a néboa cada vez era menos densa e terminarían por ser vistos-, quixeron advertir dos riscos que poden ter a práctica destas actividades sen experiencia previa ou sen asumir ven os perigos que poden acarrear.