Seis novos socorristas se incorporarán a vindeira semana ás praias da Graña e Caranza

Esta mañá fixéronse as probas de acceso no complexo deportivo Javier Gómez Noya, contando cun total de 14 aspirantes
tg_carrusel_cabecera_grande

A próxima semana comezará a funcionar o servizo de salvamento nas praias da Graña e Caranza, logo da incorporación de 6 novos socorristas que se contratarán con axuda dunha subvención autonómica e que o Concello complementará para cubrir o total dos seus salarios.

Trátase dunha convocatoria que a Xunta realiza todos os anos e pola que no 2019 se lle concederan a Ferrol 8 prazas. Os 14 aspirantes fixeron esta mañá as probas de piscina no complexo deportivo Javier Gómez Noya. Unha vez que se publique a listaxe definitiva coas seis mellores cualificacións, os novos socorristas incorporaranse aos seus postos antes do xoves 9, co que estarán traballando durante a vindeira fin de semana.

Deste xeito, o servizo de salvamento de Ferrol contará durante a maior parte da tempada cun total de 51 efectivos, que se repartirán por 9 praias, 2 no interior da ría e outras 7 en mar aberto. As primeiras son as citadas de Caranza e A Graña, mentres que as outras son Penencia, Doniños, San Xurxo, Esmelle, A Fragata-O Vilar, Santa Comba e Ponzos.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.