Só 12 dos 158 casos activos por Covid-19 na área de Ferrol están hospitalizados

As comarcas non rexitran novas mortes por coronavirus desde o pasado 27 de abril

A área sanitaria de Ferrol segue presentando cada día cifras máis esperanzadoras respecto a pandemia do Covid-19. Nas últimas 72 horas o número de casos activos mantívose estable e actualmente o Sergas ten rexistrados 158 contaxios no conxunto das tres comarcas.

Ademais as hospitalizacións son cada vez menores. A día de hoxe soamente 12 persoas permanecen hospitalizadas, unha das cifras máis baixas dende o inicio da crise. Destes, 10 atópanse en planta e só 3 están con pronóstico máis grave na UCI. Unhas cifras que contrastan coas que se rexistraban a principios de abril, con máis de 55 ingresados e ata 17 persoas nas unidades de coidades intensivos.

De feito, as novas cifras permitiron xa que tódolos doentes se atendan na sétima planta e na UCI do Arquitecto Marcide, polo que as zonas habilitadas no hospital Naval xa se cerraron.

Nas residencias de maiores tamén se mantén cerca estabilidade. Hai 15 residentes con diagnóstico positivo en Ferrol, en Narón e en Pontedeume e 12 positivos entre os traballadores destes centros. Respecto ao número de vitimas mortais, non se rexistraron novas mortes por Covid-19 dende o pasado 26 de abril, polo que o número total de falecidos é de 27 persoas entre centros hospitalarios e residencias.

 

Salir de la versión móvil