Só dous ingresados no Marcide contaxiados por coronavirus

En total hai 22 afectados polo Covid e xa son máis de 550 as persoas que o superaron

A área sanitaria de Ferrol continúa reducindo día a día o número de casos activos por Covid-19 e tamén os de hospitalizacións. No último parte da Dirección Xeral de Saúde Pública, constan 22 persoas contaxiadas e tan só dous hospitalizadas no CHUF a causa do coronavirus. O resto de casos, atópanse nos seus domicilios en illamento e baixo vixilancia médica telefónica.

Actualmente, según os datos do Sergas, son xa 554 as persoas que superaron o virus nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. O número de vítimas mortais relacionadas con coronavirus segue sendo de 33 e o último falecemento rexistrouse o pasado 9 de maio.

 

 

Salir de la versión móvil