Só quedan dous casos activos por coronavirus en Ferrol, Eume e Ortegal

A de Ferrol podería ser unha das primeiras áreas sanitarias de Galicia en declararse libre de Covid

O área sanitaria de Ferrol podería converterse na primeira de Galicia en ser declarada libre de Covid, despois do último descenso de casos activos rexistrados nos últimos tres días, no que oito persoas obtiveron a alta epidemiolóxica tras superar o virus. Así, a día de hoxe, só dúas persoas continúan contaxiadas polo Covid no conxunto das tres comarcas, segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública.

Tras máis de 15.000 probas realizadas, tanto no Marcide como no punto móvil do Novoa Santos ou a domicilio, so 614 persoas deron positivo por Covid, das cales 581 xa o superaron e 33 delas faleceron. Aínda así, o estudo de seroprevalencia da Xunta estimou que unhas 1.100 persoas puideron estar contaxiadas con coronavirus nos últimos meses, o que supón un 0,65% da poboación.

No resto de Galicia hai 254 casos activos, aínda que soamente seis hospitalizados. Non hai pacientes positivos nas UCI de ningún área sanitaria e polo de agora hai un total de 10.808 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

Salir de la versión móvil