Son xa sete os casos activos na área sanitaria de Ferrol

Dende que o pasado 28 de xullo saltaron as alarmas polo primeiro infectado en Cedeira a zona de Ferrolterra sufriu un gran ascenso dos positivos pola Covid-19
O Sergas comeza a realizar os tests que conforman o estudo epidemiolóxico deseñado pola Xunta de Galicia co obxectivo de definir a auténtica dimensión da epidemia da COVID-19

O número de positivos pola Covid-19 segue aumentando tras darse a coñecer esta misma mañá un novo caso segundo informan dende a Consellería de Sanidade. Con este, xa son sete os infectados na área sanitaria de Ferrol, dos cales os dous primeiros proveñen de Cedeira tras un caso contraido do extranxeiro.

Polo momento se descoñece a orixe dos demais positivos, a cal confirma o avance do coronavirus polas comarcas  galegas xusto dous días despois de que a Xunta optara por ampliar novas medidas para frear este segundo brote da Covid-19. Porén, a área sanitaria de Ferrol segue a ser a que menos contaxios reviste, moi por detrás de A Coruña -246-,  Lugo -79-, de Ourense -37-, Pontevedra -44-, da área de Vigo -81- e a de Santiago -40-.

Con este último caso amplíase o total de pacientes positivos dos cales 3 están en UCI, 25 en unidades de hospitalización e 506 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 11.403 persoas curadas, rexistrándose 620 falecementos. E no que respecta ao local xa son 626 os casos acumulados na área de Ferrol con estes 7 novos casos, dos cales 586 superaron o virus e obtiveron a alta epidemiolóxica e 33 faleceron a causa do Covid.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.