“Taller Mukina y la familia pinturera”, o obradoiro de Ares co que pintar convértese en doado

José Antonio Porro é o creador desta escola onde, tanto nenos como adultos, poden acudir a mellorar ou aprender a debuxar cadros dende cero

Unha das formas de expresión artística máis bonitas e belas que o ser humano creou dende os comezos da sua historia é a pintura. Innumerables estilos que nos evocan diferentes sentimentos, ou sencillamente a instantánea de algo ou alguén que nos convida a sacar o pincel e o lenzo e darlle forma á nosa creatividade.

Porén, como todas as artes que o home creou, a pintura está chea de trucos e maneiras de traballar que están ao alcance de moi poucos, ou iso era así ata que apareceu o Taller Mukina y la familia pinturera, unha creación que xurdiu como tantas e incesantes obras de arte, das mans de José Antonio Porro.

Un taller para nenos e adultos situado en Ares

O Taller Mukina y la familia pinturera de Ares comezou a súa andaina o ano pasado, pero a pesar do seu corto tempo de vida a súa experiencia é moito máis ampla: “A miña experiencia á hora de ensinarlle á xente a pintar comezou aproximadamente fai 7 anos en Vigo coa aula de pintura Galiart. Porén, o taller como o que hai situado en Ares e en outras moitas zonas do país -Vigo, Pontevedra, A Coruña, Ovideo, Valladolid…- utiliza un método moi novedoso, no sentido de que os nenos utilizan como fío condutor o libro que eu mesmo escribín para aprender o arte de pintar”, contaba José ao ser preguntado polos comezos de esta iniciativa.

De orixes ferroláns, José estableceuse en Ares as fines de semana para ensinar á xente a súa profesión, aínda que de luns a venres vaise desprazando polos diferentes obradoiros que ten instalados en moitos puntos de dentro e fóra de Galicia. “En Arés comecei o ano pasado. Había unha ludoteca na que coñecía a unha amiga e comentoume a posibilidade de facer algún curso os sábados e non o dubidei. Posteriormente tras ver a afluencia e a demanda dos nenos sobre todo este ano xurdiu a oportunidade de adquirir un local e puxémonos en marcha”.

Clases moi variadas

Dende os máis cativos ata os no tan novos, calquera que teña interés en aprender ou amplicar os seus coñecementos de pintura poderá facelo dunha forma económica e moi variada.

En canto aos nenos, hai varias opcións as que acollerse para comezar a pintar sobre un lenzo. “Por una lado temos clases tradicionais onde cada neno escolle un día en un horario apropiado para vir cada semana tendo a nosa academia como unha actividade extraescolar e tamén poden realizar minicursos, unha iniciativa miña onde o neno ven a unha única sesión de unha hora e media para pintar un cuadro e posteriormente levalo para casa”, comentaba José ao explicar as diferentes maneiras de traballar, aínda que tamén existe a posibilidade de que o curso vaia xunto aos cativo e non ao revés, xa que son numerosos os proxectos compartidos con diferentes colexios para ensinarlles aos noviños dende a súa propia aula.

No tocante aos adultos, estes tamén poden gozar a arte de pintar e mellorar a súa técnica con moitas alternativas, aínda que no periodo estival só está dispoñible o curso intensivo. “Nestes cursos de 10 horas quen o desexe pode vir e realizar en catro días con dúas horas e media de traballo diarias un cadro de cero, sexa moita ou mínima a túa experiencia como artista, xa que aquí véñese a aprender”.

Fácil e asequible

Unha ver mergullados nestes talleres é difícil deixar a afición pola pintura, e máis tendo en conta os prezos dos obradoiros: “En canto aos nenos, o curso de catro días ten un precio de 35 euros, e o minicurso cunha única sesión dunha hora e media é de 10 euros. E os precios dos adultos son 50 euros polo curso intensivo de 10 horas, tendo en conta que o material como as pinturas as ferramentas e o lenzo está todo incluido”.

“A nosa pretensión é darlle a coñecer esta posibilidade de adentrarse no mundos das cores e das formas á xente pero non só a eles, tamén aos diferentes colexios que poden ver nesta iniciativa a posibilidade de aportarlle aos seus alumnos unha maior riqueza artística. Neste sentido o estilo e a dinámica son as mesmas, pero podemo achegarnos con maior facilidade aos nenos”, remataba de explicar José tras ser interrumpido ao longo da entrevista en máis dunha ocasión por pais interesados. Así que se o teu é a pintura ou tan só apetéceche decorar máis a túa casa a base de cadros propios xa sabes onde acudir ou, mellor dito, onde pintar.

Salir de la versión móvil