Tomb Raider será a película escollida para a sesión nocturna de cine de verán este xoves en Valdoviño

O filme comeza a partir das 22.45 horas e a entrada é de balde, aínda que é necesario retirar unha invitación para manter o aforo controlado
20140913_getafe_cine_verano_060000

O ciclo de cine de verán do Concello de Valdoviño continuará este xoves coa proxección do filme «Tomb Raider». Será na pista polideportiva de Pantín, a partir das 22,45 horas. Iso si, en caso de choiva, o pase trasladaríase á Casa da Cultura. A entrada é gratuíta pero precísase retirar invitación -por cuestión de aforo-.

Así, as persoas interesadas en asistir poden acudir á Oficina Municipal de Turismo e conseguir os pases -máximo de 5 por persoa-. O prazo está aberto hoxe, mañá martes e o mércores 15 de xullo, de 11.00 a 17.00 horas e o xoves 16 de 11.00 a 14.00 horas.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.