Un bañista trasladado ao hospital tras o desprendemento na praia de A Fragata, na UCI e con pronóstico grave

O individuo estaba situado ao carón dunha das paredes rocosas que conforman o areal provocándolle varios traumatismos
fragata_2

Un home de 83 anos tivo que ser trasladado ao hosptial o pasado domingo 26 de xullo tras sufrir diversos traumatismos na praia ferrolana da Fragata, debido ao desprendemento de varias pedras nunha das paredes rocosas que conforman o areal.

Os primeiros en dar a voz de alarma foron os bañistas que se atopaban cerca do lugar dos feitos, onde posteriormente achegaríanse os socorristas e xa previamente despois o persoal das ambulancias que o Concello ten dispoñibles para rápidas intervencións nos areais. Finalmente, ata o lugar dos sucesos desprazáronse tanto a Policía Local como os Bombeiros para supervisar o acontecido e, mediante unha pértega, intentaron asegurar a zona para evitar que quedara algunha pedra que puidera caerlle a outro bañista.

Na UCI con pronóstico grave

Tras o suceso afectado foi trasladado ao Arquitecto Marcide mediante unha ambulancia medicalizada do 061 debido aos traumatismos que sufrira. Nun primeiro momento estes non pareceron asustar debido a que non se temía que fosen de gravidade, ademais de que se descoñecía a súa situación tras ter o pronóstico reservado.

Finalmente hoxe coñeceuse a situación actual da vítima, a cal foi trasladada a planta da UCI do mesmo centro hospitalario onde xa se atopaba tras o seu empeoramento.

 

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.