Un coche de case un millón de euros paséase polo areal de Valdoviño

O vehículo que deixou coa boca aberta á veciñanza local trátase dun Mclaren Senna valorado en 900.000 euros
Captura

Onte 8 de agosto a veciñanza de Valdoviño foi sorprendida por un vehículo dos que non se soen ver máis que nas pelis. O coche en cuestión trátase dun Mclaren Senna, o sucesor do McLaren P1 e das súas versións P1 GTR e P1 LM. O propietario do vehículo paseouse polo areal de Valdoviño atraendo a atención de todo o municipio xa que ten unha exclusividade única: este coche pensado tan só para circuito ten limitada a súa produción a un total de 500 unidades.

En canto a potencia se refire, o McLaren Senna conta cunha capacidade de 800 CV de potencia máxima, o cal faille pasar de 0 A 100 Km/h en 2,8 segundos e lle permite alcanzar unha velocidade máxima de 340 Km/h. Non saberemos se este coche volverá a pasearse polas rúas de Valdoviño, pero o que sí é seguro é que a veciñanza e os bañistas que se atopaban no areal non se esquecerán deste vehículo.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.