O veleiro ferrolán «Mirfak» sofre o ataque de tres orcas en augas de Baiona

O barco, que quedou sen parte do timón tralo ataque, saíra de Ferrol a Baiona para terminar participando no trofeo Príncipe de Asturias este vindeiro venres
orca-galicia

Este pasado domingo os tripulantes do veleiro ferrolán «Mirfak», con base en A Graña, viviron momentos de tensión cando navegaban por augas de Baiona ao seren atacados por tres orcas de gran tamaño deixando unha das palas que conforman o timón completamente inservible.

O barco, un Farr 42 que tiña como principal obxectivo participar no Trofeo Príncipe de Asturias que se celebrará o vindeiro venres 4 de setembro, terá que esperar a ser arranxado despois do ataque por sorpresa deste grupo de cetáceos, cuxa presenza está a ser máis habitual nos últimos anos.

Tras aguantar as embestidas das orcas durante varios minutos de tensión, os cinco tripulantes e mailo capitán conseguiron recuperan a parte do timón que arrancaron os cetáceos.

 

 

Aviso por outro ataque de orcas

Despois de que fose notificado o accidente  Salvamento Marítimo facía un chamamento vía Twitter para advertir aos navegantes próximos á zona do suceso dos perigos aos que se estaban a someter debido á presencia deste grupo de orcas. «Radioaviso en Rías Baixas por avistamento de orcas en zona. Solicítase a embarcacións que non tenten aproximarse, dean amplo resgardo e informen. Xa sufriron acometida un veleiro francés e outro da Armada sen danos maiores».

De feito, o segundo barco afectado fora un veleiro francés tripulado por un matrimonio e con 33 pés de eslora que, ao igual que sucedera co Mirfak, leváranse un susto terrible tras sufrir un forte golpe no casco da embarcación.

 

Así quedou o timón trala embestida das orcas

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.