Un morto e varios feridos tras descarrilar en Zamora o Alvia que facía Ferrol-Madrid

Según fontes de Renfe, o convoy chocou cun vehículo que caeu ás vías desde un paso elevado
EZhJG6UU4AAjpPU (1)

O tren Alvia 11553 que realiza a ruta Ferrol-Madrid descarrilou ás 16:20 horas deste martes en La Hiniesta (Zamora). O accidente produciuse despois de que a cabeza motriz do convoi chocase contra un vehículo. As primeiras informacións apuntan que hai un falecido, que podería ser o condutor do vehículo que provocou o accidente. Non se produciron feridos de gravidade entre os pasaxeiros.

Renfe informou de que «os maquinistas se atopan feridos e os 180 pasaxeiros resultaron ilesos». O descarrilamento produciuse, segundo as primeiras informacións, tras chocar a locomotora cun vehículo que se atopaba na vía. O todoterreo caería ás vías desde un paso elevado, polo que os maquinistas non puideron reaccionar para evitar o choque.

Testemuñas do suceso aseguran que a máquina quedou completamente esnaquizada. Os bombeiros traballaron para rescatar aos maquinistas do Alvia que foron xa evacuados ao hospital. Os pasaxeiros atópanse fóra do tren, recibindo atención dos servizos de emerxencia, e á espera de ser evacuados.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.