A Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de poñer en marcha do programa Empreganav co obxectivo de apoiar a inserción laboral de 500 traballadores na industria naval. Os beneficiarios do proxecto serán persoas desempregadas procedentes de pemes que conforman a industria auxiliar do naval en Galicia, cuxo despedimento fora motivado por causas obxectivos entre o 23 de maio de 2019 e o 23 de febreiro de 2020.
O programa, que conta cun orzamento de 3,2 millóns de euros, baséase nun plan de medidas individualizado para os traballadores para acompañalos persoalmente en todo o proceso ata a súa reinserción no mercado laboral. Realizaráselles un perfil socio-laboral individual a través de entrevistas personalizadas, formaranse na búsqueda activa de emprego, orientación laboral e, por último, un programa formativo transversal en competencias clave e novas tecnoloxías. Posteriormente, tras a entrada no mercado de traballo farase un seguimento individual a través de titorías personalizadas nas que se verificarán as condicións do emprego.
Empreganav tamén inclúe un programa de apoio económico dotado con 600.000 euros e que se centra en axudas directas dirixidas aos beneficiarios para cubrir os gastos derivados da súa participación. Inclúense incentivos para a participación activa; axudas para o desprazamento; incentivos para as persoas emprendedoras; para a inserción por conta allea; e para a conciliación. Na primeira edición do programa, en 2012 participaron 454 persoas que lograron mellorar a súa empregabilidade e das que un 70% lograron a inserción no mercado laboral.