Un pensionista de As Pontes gaña 800 euros máis ao mes que unha pensionista de Cerdido

O último informe do IGE sobre as pensións en Galicia, evidencia as grandes diferencias que aínda existen entre os xubilados de un e outro municipio

O último informe de Instituto Galego de Estatística volve amosar as enormes desigualdades que existen en Ferrol, Eume e Ortegal respecto as pensións que reciben os xubilados e xubiladas destas tres comarcas. En total, no pasado ano había no conxunta das tres comarcas 47.192 pensionistas, dos cais o 52% son homes e o 48% mulleres.

A comarca do Eume segue sendo a que ostenta as prestacións máis altas para os maiores de 65 anos, con 1.229 euros de media. Unha cifra que aumenta que nos referimos únicamente ás pensións dos homes, que son de 1.506 euros, 609 euros máis ao mes que unha muller. Dentro da propia comarca, contrasta co que percibe un xubilado de Monfero, que son 799 euros.

Na bisbarra de Ferrol, que ten 36.383 pensionistas, é Fene o municipio con maior renta entre os xubilados, con 1.301 euros de media, seguido de Ferrol, con 1.231 e Mugardos, con 1.192. Pola contra, Moeche é o municipio coas pensións máis baixas, con 832 euros. Na comarca de Ferrol é onde existe unha menor fenda de xénero, xa que as mulleres desta comarca son as que teñen as pensións máis altas, de 900 euros, e aínda así gañan un 35% cos homes.

No caso do Ortegal, non hai ningún concello que alcance unha media de máis de 900 euros de pensión mensual. O municipio coas rentas de xubilacións máis altas é Mañón, con 841 euros e Cerdido sitúase como o municipio das tres comarcas coas pensións máis baixas, con 777 euros de media. Aquí a fenda entre homes e mulleres tamén é clara. De feito, os pensionistas que menos diñeiro cobran ao mes entre os vinte concellos das tres comarcas, son as mulleres de Cerdido, que apenas chegan aos 670 euros.

¿A qué se deben estas diferencias?

Cabe preguntarse a que se deben estas enormes diferencias entre as pensións que se reciben nuns municipios e noutros, tendo en conta que a incorporación ao mercado laboral desta xeracións moi bastante similar en todas as comarcas, en torno aos 14 ou 15 anos. Nunha primeira ollada obsérvase que as maiores rentas atópanse nos municipios onde hai, polo menos, unha grande industria. É o caso de As Pontes, con Endesa, o caso de Fene, con Astano ou de Ferrol con Bazán e tamén coa Armada.

Pola contra, os municipios con maior dependencia do sector primario, tanto agrícolas como pesqueiros, teñen agora unhas pensións máis baixas. Moitos deles traballaron gran parte da súa vida sen estar suxeito a ningún réxime fiscal e cando o fixeron, como autónomos ou en cooperativas, perderon gran parte do seu poder adquisitivo. Unha situación que vén denunciando fai anos o sindicato Unións Agrarias.

A mesma casuística dase coas mulleres do campo. Ademáis de encargarse das tarefas domésticas, igual que nas cidades, dedicaron máis horas ao traballo fora da casa, tanto no sector agrario ou mesmo no pesqueiro e, sen embargo, teñen hoxe en día as rentas máis baixas. Neste caso, a meirande parte delas non chegaron a incorporarse nunca ao mercado laboral regulado, aínda que continuaron realizando labores no campo. De feito, dase a circunstancia de que moitas das mulleres e dos homes que cobran hoxe en día as menores pensións das comarcas, continúan a súa labor no campo para obter un sustento que complemente aos escasos 700 ou 800 euros que reciben mensualmente.

 

Salir de la versión móvil