A intervención dun policía local en período de prácticas fixo posible a detención dun presunto agresor durante a pasada madrugada do xoves 23 ao venres 24 de xullo. O axente se atopaba de fora de servizo e regresaba ao seu domicilio cando, dende o seu vehículo, detectou unha actitude sospeitosa na beirarrúa.
Ao aproximarse se atopou con tres persoas, unha delas, menor. Por ese motivo detivo o coche e, ao prestar máis atención, puido observar como un home tiña acurralada a unha muller contra un edificio. Xunto á presunta agredida había unha nena de arredor de catro anos. A muller intentaba zafarse mentras o home impedíallo e á par proferíalle insultos.
O policía non puido actuar ao ver o suceso debido a que está enprácticas, e polo tanto non pode exercer a súa labor como axente da autoridade sen a supervisión dun funcionario que xa teña xurado o cargo. Por iso ao instante deu aviso á sala de operacións do corpo municipal para solicitar unha patrulla no lugar.
Nese intre o presunto agresor entrou no edificio ao percatarse do ocorrido e, ao chegar os reforzos, os axentes accederon ao inmoble subindo ao piso onde se atopaba o home para detelo. Finalmente o individuo resultou ser a parella da presunta vítima.