Un total de 352 persoas superaron xa o virus do Covid na área de Ferrol

O número de activos mantívose sen grandes cambios nas últimas 24 horas

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) informou hoxe que un total de 352 personas que foran diagnosticadas con Covid-19 na área sanitaria de Ferrol recibiron xa a alta epidemiolóxica tras superar o virus, o que supón case un 70% dos total de casos detectados desde o inicio da crise.

Segundo a Dirección Xeral de Saúde Pública a área sanitaria presenta hoxe 158 casos activos, un menos que onte. Destes, 4 están na UCI cun pronóstico máis grave e 12 ingresados no CHUF.  O resto, 142 doentes, atópanse nos seus domicilios con sintomatoloxía máis leve. Tampouco se rexistraron novas vítimas mortais por coronavirus dende fai catro días, polo que o número total de falecidos segue sendo de 27, tres en residencias de maiores e o resto nos centros hospitalarios.

O departamento de microbiloxía do CHUF segue analizando diariamente case 200 mostras que lle chegan dos test realizados no Arquitecto Marcide, no punto fixo do Novoa Santos e nas domicilios. Dende o inicio da crise xa se realizaron máis de 7.000 test PCR aos que hai que sumarlle os máis de 3.200 que se realizarán na comarca ata o 7 de maio no estudo epidemiolóxico que o Sergas prepara xunto con Instituto Galego de Estatística.

 

 

 

Salir de la versión móvil