Un traballador falece tras ser atropelado por un camión de volteo en Fene

O tráxico suceso tivo lugar esta mesma mañá no Polígono do Vilar do Colo, nas obras para a instalación dun novo Mercadona

Na mañá deste luns 21 de setembro no Polígono do Vilar do Colo, nas instalacións do que será un futuro Mercadona, un operario que estaba a facer o seu labor con un camión de volteo morreu tras ser atropelado por un destes.

O tráxico suceso produciuse pouco antes das 11.15 horas, momento no que foi avisado de urxencia o 112 Galicia para intentar levar a cabo unha rápida intervención que lle puidera salvar a vida. A chamada a fixo un dos seus compañeiros tras presenciar o atropelo, e a pesar da voz de alarma non conseguiron chegar a tempo.

Despois de recibir a chamada de auxilio trasladaron esta aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia que, a pesar de proceder á intervención coa maior celeridade posible, non puideron facer nada por rescatalo.

Tanto os Bombeiros de Ferrol como o GES de Mugardos tiveron que acudir ao lugar dos feitos para axudar a sacar o corpo do defunto que se atopaba atrapado no camión de volteo

Salir de la versión móvil