Unha borrasca deixará ondas de seis metros no litoral de Ferrolterra e ventos de máis de 80 quilómetros á hora

Unha fronte fría moi activa farase notar ao final do día de hoxe e mañá venres

Unha profunda borrasca situada na Bretaña francesa enviará unha fronte fría moi activa ao final do día de hoxe e mañá venres, con ventos moi fortes no litoral norte e refachos de máis de 80 km por ahora no terzo norte da comunidade.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia activou para este xoves e venres unha alerta laranxa por temporal costeiro no noroeste e oeste da provincia da Coruña. O fenómeno meteorolóxico adverso deixará ondas de ata seis metros de altura na costa de Ferrolterra e a situación poderíase agravar a partir do mediodía.

As autoridades de Emerxencias xa informaron da situación aos concellos das comarcas afectadas, ás deputacións, aos servizos provinciais e ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

 

Mapa de alertas de Meteogalicia para o venres
Salir de la versión móvil