Unha muller cun trastorno psiquiátrico apuñala «aleatoriamente» a un home na praza do Callao

Segundo varias fontes próximas á agresora non é a primeira vez que leva a cabo actos violentos, a cal sofre dende pequena varios problemas psiquiátricos
0bfaa023-d02a-416a-b018-01cdd53d854a

Esta mañá unha muller cunha idade comprendida entre os 30 e 40 anos apuñalou a un viandante que, segundo fontes policiais, trátase dun ataque aleatorio ocorrido nas inmediacións do Callao preto da marquesiña do bus. A agresora foi identificada por varios traballadores de comercios próximos xa que a soe frecuentar e tanto ela como a nai son veciñas da zona. Este é o segundo apuñalamento que ten lugar na cidade nas últimas 24 horas, tralo ocorrido onte na zona de Telleiras, no barrio de Caranza.

O suceso, que non tardou en causar un gran balbordo na zona -xa que soe estar ateigada de xente e aconteceu preto das 12 da mañá- motivou a aparición de dúas ambulancias medicalizadas, unha para a agresora que tivo que ser esposada, e outra para atender ao ferido, que sufriu unha coitelada no ombreiro e foi trasladado ao servizo de Urxencias do CHUF. Tamén se desprazaron ata o lugar dos feitos varias patrullas da Policía Local e da Policía Nacional para deter á muller, despois de que esta fose retida pola propia vítima. Os membros da Policía Nacional abriron as dilixencias oportunas contra a agresora, que esta a ser investigada.

Máis episodios violentos

Fontes próximas á familia da agresora aseguraron que non é o primer acto violento que protagoniza a muller, a cal sofre dende que era pequena varios problemas mentais. Estas mismas fontes piden as administracións locais algún tipo de resposta, pois cando a agresora non recibe apoio médico soe sufrir este tipo de brotes cunha gran agresividade.

De feito, tal e como aseguraban estas fontes cercanas á muller,  fai uns anos lle concederan unha vivenda social en Recimil e posteriormente foi desaloxada de alí polos constantes problemas que causaba. Por ese motivo algunhas tempadas convive coa nai, aínda que esta é maior e non pode facerse cargo da súa filla, a cal ademais é bastante corpulenta.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.