O Destacamento da Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Ferrol investigou a unha condutora como presunta autora dun delito contra a seguridade viaria e ao seu pai como cooperador necesario.
Os feitos ocorreron na FE 12, á altura do Km. 2,100, en Narón, cando esta persoa foi sorprendida conducindo un turismo propiedade do seu pai e carecendo de permiso de condución posto que nunca o tivera. No vehículo viaxaba como acompañante o propietario do mesmo, sendo coñecedor de que a súa filla carecía da perceptiva autorización administrativa para a condución.
Tralo achado a Garda Civil investigou a condutora como presunta autora dun delito contra a seguridade viaria e ao seu pai como cooperador necesario. Os investigados, xunto coas actuacións realizadas, foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución de garda de Ferrol.
Á parte da responsabilidade penal tamén pode derivar outras de índole civil, xa que en caso de produción de accidente, nas cláusulas do seguro, adoita ser causa de non cobertura por carecer da referida autorización, mesmo se poden ver prexudicados terceiros, en caso de accidentes con lesionados ou danos materiais, causados pola persoa sen permiso. A Garda Civil resalta que a precaución e o respecto ás normas de Seguridade viaria, é a mellor receita para evitar accidentes.