Os voluntarios de Protección Civil de Ferrol velarán pola seguridade dos colexios electorais o domingo

Un total de 32 traballadores controlarán os accesos a locais electorais e vixiarán que se cumpran as medidas sanitarias estipuladas

Un total de 32 membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ferrol van a formar parte do dispositivo de seguridade previsto para o desenvolvemento das eleccións ao Parlamento de Galicia do próximo domingo 12 de xullo.

Esta será a primeira vez que participan nun despregue para un proceso electoral e as súas tarefas serán as  de controlar os accesos a locais electorais e de que se cumpran as medidas de seguridade sanitarias e de hixiene, debido a situación actual tras a crise sanitaria da Covid-19.

Os 32 membros de Protección Civil de Ferrol, incluído un xefe de garda e un supervisor de garda, despregaranse desde as 08.30 horas ata o peche dos colexios en 19 dos 43 locais electorais aos que se poderá acudir pasado mañá en Ferrol.

Salir de la versión móvil