Unha unidade móbil da ADOS chegará a vindeira semana a Narón

O autobús para doar sangue estará dispoñible o día 25 no centro de saúde do Alto e o 26 nas inmediacións da Praza da Constitución, tendo que reservar cita con antelación
43082483_1889752154404971_8002887561355722752_n

Unha das unidade móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue -ADOS- desprazarase dous días da vindeira semana á cidade. O venres 25 o vehículo localizarase nas inmediacións do centro de saúde do Alto, entre as 15.30 e as 21.00 horas e o día seguinte, o sábado 26, estará nas inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina, de 10.00 a 15.00 horas.

As persoas que poidan doar sangue poden reservar cita para facelo chamando previamente ao número de teléfono 900 100 828. É preciso que almorcen e esperen dúas horas despois de xantar antes de realizar a doazón e, ademais, deben levar a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar ao médico da unidade móbil no caso de que estean tomando algún medicamento.

ADOS garante a través de diferentes medidas a seguridade das persoas que acoden a doar, a través dos exhaustivos protocolos de seguridade establecidos para realizar este labor.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.