Unha unidade móbil da ADOS chegará este venres a Neda

O autobús para doar sangue estará dispoñible o día 2 de outubro fronte á Casa da Cultura, e os doantes terán que pedir cita previa no teléfono asignado

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Sangue -ADOS- estará dispoñible o vindeiro venres, 2 de outubro, no Concello de Neda.

Todo aquel que desexe doar sangue no bus acondicionado de ADOS terá que achegarse á Casa da cultura, onde estará a unidade móbil entre as 15.30 e as 21.00 horas. Para doar será necesario pedir cita previa, para o que a cidadanía dispón do teléfono gratuíto 900 100 828.

Recomendacións

É preciso que almorcen e esperen dúas horas despois de xantar antes de realizar a doazón e, ademais, deben levar a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar ao médico da unidade móbil no caso de que estean tomando algún medicamento.

ADOS garante a través de diferentes medidas a seguridade das persoas que acoden a doar, a través dos exhaustivos protocolos de seguridade establecidos para realizar este labor.

Salir de la versión móvil