Unha unidade móbil da ADOS estará mañá na Praza da Gándara de Narón

As persoas que o desexen terán que pedir cita previa para poder doar sangue este martes 29 de setembro, entre as 9.30 e as 14.30 horas e de 15.30 a 21.00 horas
43082483_1889752154404971_8002887561355722752_n-960x570

Unha das unidade móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue -ADOS- estará mañá no barrio da Gándara, concretamente nas inmediacións da Praza da Gándara -rúa Pintor Soutomaior-, entre as 9.30 e as 14.30 horas e de 15.30 a 21.00 horas. As persoas que poidan acudir a doar sangue poden reservar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

Entre as recomendacións de ADOS incídese en que é preciso que almorcen, esperen dúas horas despois de xantar antes de realizar a doazón e, leven a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar. Tamén é preciso que informen ao médico da unidade móbil no caso de que estean tomando algún medicamento.

Nas unidades móbiles de ADOS garántese a través de diferentes medidas a seguridade das persoas que acoden a doar a través de exhaustivos protocolos de seguridade.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.