Uxencias do CHUF comeza a facer test de antíxenos para a detección do Covid en 15 minutos

Considéranse fundamentais para axilizar a confirmación da sospeita diagnóstica nun paciente con cadro clínico de infección respiratoria

Os servizos de urxencias dos hospitais do Servizo Galego de Saúde comezaron hoxe a facer test de antíxenos para a detección de casos de infección pola covid-19. Este tipo de test consiste nunha técnica que se realizas no mesmo punto da atención sanitaria tras a toma da mostra. Trátase dun procedemento sinxelo. Preséntase en pequenos kits que conteñen todo o material necesario para facer as determinacións individualmente. É unha técnica que cuxo principal potencial é o de proporcionar un diagnóstico rápido (nuns 15 ou 20 minutos)., polo que permite realizar as accións de control de forma inmediata.

O antígeno de Covid-19 é unha proba de diagnóstico directo do virus que detecta partículas estruturais do mesmo en mostras respiratorias (hisopo nasofaríngeo). A gran vantaxe, ademais de que permite ter o resultado en apenas 15 minutos, é que ten unha elevada sensibilidade nos primeiros días da infección. Concretamente, a sensibilidade nos primeiros días de contaxio (0-3 días) é dun 100% e do 4-7 día do 90%. Isto permite un diagnóstico rápido e urxente daqueles pacientes con sintomatoloxía ou que tivesen contacto estreito con outra persoa con diagnóstico positivo ao virus. A toma de mostra é nasofaríngea e non é necesario acudir en xaxún

As probas rápidas de detección de antíxenos considéranse fundamentais para axilizar a confirmación da sospeita diagnóstica nun paciente con cadro clínico de infección respiratoria. O seu uso é especialmente relevante naqueles casos onde se require unha resposta áxil e no menor tempo posible na atención sanitaria, a un paciente con síntomas de infección respiratoria compatible coa vovid-19.

A detección antixénica, se se realiza no primeiros cinco días, sería equivalente á PCR, mentres que a PCR, por tratarse da mellor proba dada a súa elevada sensibilidade e especificidade, é a de elección no resto de casos.

Salir de la versión móvil