Valdoviño aproba a adxudicación provisional da redacción do Plan Xeral de Urbanismo

No caso de incorporarse os 37 núcleos rurais propostos, a capacidade edificatoria do municipio podería aumentar ata un 50%
valdoviño

O alcalde de Valdoviño informou hoxe 1 de xullo da adxudicación provisional da redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal, o documento mestre que marcará as liñas urbanísticas no futuro de Valdoviño.

Dito Concello viuse obrigado a sacar a concurso a redacción do plan despois de que a anterior empresa adxudicataria entrase en concurso de acreedores, renunciando ao mesmo e retrasando o proceso. Unha situación que non paralizou a actividade dende o punto de vista da planificación urbanística.

Respecto á redacción do PXOM, o alcalde sinalou que a nova empresa redactora conta cun prazo de 16 meses para concluír o servizo e dispor dese documento. A partir de aí, o Concello estaría en situación de elevalo á Xunta para a súa aprobación definitiva.

Unha proposta con 37 novos núcleos rurais

A Xunta incorpora no Plan Básico Autonómico 37 novas entidades en Valdoviño susceptibles de delimitarse  como núcleos rurais, ampliando así a capacidade para edificar nestes espazos. A partir de aí, as xestións continúan na Deputación provincial da Coruña e a Asistencia Técnica aos Municipios procede á delimitación. Agora, o Concello inicia a tramitación administrativa do expediente, cuxa primeira fase é a avaliación ambiental.

Na práctica e de prosperar a tramitación, se se cumplen os parámetros urbanísticos, eses terreos poderían convertirse en edificables. A día de hoxe,  Valdoviño conta con 56 núcleos rurais delimitados e, de incorporarse os 37 propostos aumentaríase nun 50% a capacidade edificatoria.

Por último, a pretensión do Concello de Valdoviño de adaptar a normativa municipal ao novo decreto que regula a implantación dos campamentos de turismo aprobado pola Xunta. Deste xeito, permitirá avaliar que espazos do territorio poden ser susceptibles de acoller este tipo de infraestruturas, atendendo ás limitacións dende o punto de vista paisaxístico e patrimonial.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.