A arte de Blanca Escrigas xa loce os muros do CPI Atios de Valdoviño

A artista plasmou nestes murais algúns elementos propios da zona como o mar e o faro de Meirás
mural cole3

A artista local Blanca Escrigas asina o mural que dá a benvida ao CPI Atios de Valdoviño. Unha obra de arte que leva o seu selo persoal e inequívoco, unha auténtica explosión de cores e trazos firmes e definidos detrás dos que se agochan valores como a diversidade, a tolerancia, o respeto, o compañeirismo, a cultura e o arte. E, sempre, coa referencia do territorio, Valdoviño. Así aparece o faro de Meirás, a percelleira ou o mar. O Concello encargaba á artista a obra que hoxe luce no muro que circunda o centro educativo. Unha obra que se suma á realizada no verán na Oficina Municipal de Turismo.

Dende primeiros de mes, e moi condicionada pola climatoloxía, Blanca Escrigas iniciaba o proceso creativo. Unha obra cuxa evolución podía seguir día a día a comunidade educativa.

Hoxe é xa de todos e de todas. Blanca sinala que detrás dela está a escola que, como o Faro de Punta Frouxeira, «serve de guía cara un futuro no que o principal é ser felices, ter fame de saber e sobre todo de construír un mundo mellor a partir do noso propio. Todo comeza aquí para chegar a onde ti decidas»

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.