A Aula da Natureza de Valdoviño recollerá roupa en enseres para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

O prazo para recepcionar as entregas manterase ata a última semana do mes de xullo

Os nenos e nenas da Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia inician hoxe unha campaña de recollida de recursos para familias que o precisen. Unha iniciativa que levan a cabo en colaboración co Centro de Recursos Solidarios de Narón e na que se propoñen colabore a veciñanza.

Forma parte do proxecto educativo do centro, e inclúese na programación adicada ao longo do curso á reciclaxe e reutilización. Un tema moi traballado polo equipo de educadoras.

Así, no día de onte, o Centro de Recursos Solidarios instalaba na galería das instalacións un contenedor onde depositar as entregas. Dende roupa -incluso en mal estado, xa que se destina neste caso á reciclaxe- ata calzado, pasando por xoguetes, electrodomésticos, mobles ou aquelas cousas que xa non precisamos pero que poden resultar básicas para outras familias. E unha fantástica forma de reutilizar e reciclar. 

O prazo para recepcionar as entregas manterase ata a última semana do mes de xullo, e dende a Aula da Natureza animan a todo o mundo a sumarse á súa iniciativa.

Salir de la versión móvil