A Cooperativa Vilaboa doa 6.000 euros aos Servizos Sociais de Valdoviño

Destinaranse a programas postos en marcha as pasadas semanas para axudar aos máis vulnerables fronte ao coronavirus
COOPERATIVA VILABOA

O presidente da Fundación San Vicente de Vilaboa, Fernando Sanesteban Coira, e o presidente da Cooperativa de Vilaboa e mecenas único da fundación, Ángel Caneiro Vilela, entregaron onte pola tarde ao alcalde de Valdoviño, Alberto González, un donativo de 6.000 euros con destino aos Servizos Sociais do Concello de Valdoviño. O acto celebrouse ás portas da cooperativa, con presenza dunha representación dos traballadores e traballadoras das diferentes seccións da cooperativa.

O alcalde agradeceu en nome da veciñanza este xesto xeneroso e inesperado da Fundación que contribuirá así a axudar a quen máis o precisa nestes momentos de alerta xerada polo coronavirus. Uns fondos que se destinarán a sufragar programas postos en marcha nas últimas semanas polo departamento municipal de Servizos Sociais como a adquisición e reparto a domicilio de alimentos e menciñas para persoas maiores que viven soas e en especial situación de vulnerabilidade, axudas de emerxencia social, servizos de apoio psicolóxico ou de respaldo a mulleres vítimas de violencia machista

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.