A Deputación inviste 171.000 euros na mellora do acceso á praia de Pantín

Valdoviño financia co Plan Único a construción dunha senda peonil en Ariño que mellorará a seguridade dos viandantes na zona
accesopantin

A Deputación da Coruña investirá 171.224,72 euros na mellora da accesibilidade e a seguridade peonil no acceso a Ariño, en Pantín (Valdoviño). As obras, en fase de licitación pública ata o vindeiro 5 de xuño, serán financiadas íntegramente con cargo aos fondos adicionais do Plan Único (POS+2019) e terán un prazo de execución de catro meses.

O proxecto pretende mellorar a seguridade do vial que da acceso á praia de Pantín no lugar de Ariño, onde o escaso ancho da estrada actual (entre 4 e 3,20 metros) e a alta intensidade de tráfico que rexistra durante o verán, así como a densidade poboacional da zona, supoñen un perigo para os viandantes.

A estrada ten unha lonxitude total de algo máis de un quilómetro e, tanto no tramo dos 100 metros finais coma nos primeiros 550 metros, carece de beiravías.

O proxecto dotará á zona dun acceso peonil seguro de 1,30 metros de ancho ao longo dos 1.040 metros do vial, executado en soleira de formigón, con reforzo e regularización da calzada que será pavimentada, previo rebacheo, con aglomerado en quente de 6 cm de espesor. Para elo será necesario o retranqueo de tres postes de alumeado público e a reconstrucción das interseccións con outros camiños pavimentados.

As obras completaranse coa substitución do alumeado público actual por un novo sistema de luminarias LED de 40 w, que melloran a eficiencia enerxética e lumínica, e o pintado das liñas, bordos e pasos do vial.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.