A Deputación recuperará o antigo carreiro do Plantío

Trátase dunha vía de comunicación vital durante séculos transitada pola poboación das aldeas da contorna do camiño de Santo André para ir vender a Cedeira
Contorna do río Mestas
Contorna do río Mestas

O Carreiro do Plantío funcionou como unha vía de comunicación vital durante séculos percorrendo a beira esquerda do río Mestas e unindo o núcleo de poboación de Porto do Cabo co Puntal, até cruzarse coa estrada AC-566. Agora a Deputación proporá ante a Asociación de Concellos do Xeoparque de Cabo Ortegal unha actuación encamiñada a recuperar e poñer en valor esta vía. Unha proposta que encaixa na filosofía dos obxectivos estratéxicos do territorio do Xeoparque, sobre todo no relativo á posta en valor de recursos naturais e culturais con singularidade propia, reforzando a identidade cultural e histórica desta contorna en concreto.” Neste sentido, os impulsores da proposta de recuperación do Carreiro do Plantío basean este proxecto, non só no seu valor medioambiental, senón tamén na carga histórica e de memoria comunitaria que atesoura.

Desde a Asociación veciñal explicaron que esta senda era transitada pola poboación das aldeas da contorna do camiño de Santo André para ir vender a Cedeira. Esta especie de ruta comercial levaba aparelladas paradas en negocios de Porto do Cabo ou no Puntal, ou mesmo en negocios ao pé do camiño especificamente destinados a fornecer aos viaxeiros. Neste percorrido, ademais de establecementos dedicados a mercadorías de uso diario, tamén hai constancia de que da existencia de postos de venda de sal, de actividades de pesca de cangrexos para vender nas cidades, e de extracción de minerais e de madeira, que se destinaba principalmente á Coruña.

A proposta inclúe unha actuación nunha ruta de algo menos de 2 km —desde Porto do Cabo ao Puntal—,  que inclúe aos tres concellos e que actualmente está en estado de semiabandono. Segundo apuntou Xosé Regueira o proxecto será trasladado á Asociación de Concellos do Xeoparque de cara a acometer primeiro un convenio intermunicipal e posteriormente un proxecto técnico que inclúa a mellora ambiental, cun control da erosión e de eliminación de vexetación non autóctona, e accións encamiñadas a mellorar o seu uso recreativo, cultural e didáctico.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.