A música irreverente de Blues do País, na área recreativa do pantalán das Forcadas

O grupo formado por Bieitta James e Pepe King actuará ás oito da tarde dentro da programación cultural de Valdoviño
blues_do_pais

A área recreativa do pantalán das Forcadas será este sábado escenario privilexiado do concerto de Blues do País. Inaugura así o Concello de Valdoviño a programación cultural do mes de agosto, cunha actuación que dará comezo ás 20 horas e para a que é preciso retirar invitación na Oficina Municipal de Turismo martes e mércores de 11.00 a 17.00 horas e xoves de 11.00 a 14.00 horas. A función inclúese na Rede Cultural da Deputación Provincial da Coruña. Así mesmo, dende o Concello lémbrase a obrigación do uso da mascarilla.

Blues do País é un grupo formado por Bieitta James e Pepe King que interpreta música blues. A súa reinterpretación de clásicos como Sitting on the dock of the bay (Sentadiña no pantalán), I just want to make love to you (Mirarche o cu), Killing me softly (Mátasme amodo) ou Mercedes Benz (Chimpín) non deixa a ninguén indiferente. Eles amosan que é posible facer blues no idioma do país. Extraer o soul dos cultivos de millo, como se fixo en tempos pasados nos campos de algodón no outro lado do charco.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.