Actividades contra a violencia de xénero cos alumnos de ESO do CPI Atios

A iniciativa busca achegar á poboación os recursos para avanzar na igualdade e na loita contra a violencia de xénero
Alumnos e alumnas da ESO do CPI Atios participaban nas accións desplegadas ao longo da mañá no punto violeta instalado no exterior da casa da cultura. 
Alumnos e alumnas da ESO do CPI Atios participaban nas accións desplegadas ao longo da mañá no punto violeta instalado no exterior da casa da cultura. 
PUBLICIDAD

A programación Somos e Contamos deseñada polo Concello de Valdoviño con motivo do Día da Eliminación da Violencia contra as Mulleres continuaba onte cunha actividade dirixida á mocidade. Alumnos e alumnas da ESO do CPI Atios participaban nas accións desplegadas ao longo da mañá no punto violeta instalado no exterior da casa da cultura. 

A iniciativa busca achegar á poboación os recursos para avanzar na igualdade e na loita contra a violencia de xénero, e para iso, activa diferentes talleres de sensibilización e actividades lúdicas. Todos eles, deseñados para ser inclusivos e accesibles e abertos a todas as idades.

O desmantelamento de estereotipos de xénero co obxectivo de combater o sexismo desde a infancia; mitos sobre o namoramento, alerta ante micromachismos, parella e igualdade ou autoestima e a valoración persoal, son algunhas das temáticas que se abordaron nesta xornada.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.