Aparece en bo estado un octoxenario que pasou a noite á intemperie en Valdoviño

O home saíra a dar o seu habitual paseo pola parroquia e xa non volveu a casa en todo o día
Casaga
Casaga

Un home duns 80 anos foi localizado en bo estado despois de pasar a noite á intemperie en Valdoviño. A familia estaba na súa busca desde as seis da tarde de onte, momento no que se decataron da súa falta. Así o explicaron ao persoal do 112 Galicia cando, pasada a medianoite, chamaron para solicitar axuda para localizar a un octoxenario con domicilio no lugar de Aviño, en Valdoviño, que saíra a dar o habitual paseo pola zona e aínda non volvera a casa.

Desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración da Garda Civil e tamén dos voluntarios de Protección Civil da localidade. Con todo, co avance da madrugada, fóronse unindo outros equipos de rescate, como os membros do GES de Mugardos e tamén o Servizo de Cans de Galicia cun guía e dous exemplares.

Mesmo estaba prevista a saída do grupo técnico da Axencia Galega de Emerxencias cos drons, pero, preto das nove desta mañá, un familiar do desaparecido atopouno nun camiño en bo estado, a pesar de pasar a noite fóra de casa. Con todo, a través do 112 Galicia, pediuse a colaboración dos profesionais sanitarios para someter ao señor a un recoñecemento médico.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.