Aparecen pintadas neonazis nalgunhas parroquias de Valdoviño

O Concello condeu os actos vandálicos ocorridos estes días en Meirás, Pantín e Vilarrube e denunciou os feitos ante as autoridades
DSC_3986

Algunas parroquias do concello de Valdoviño amaneceron estos días con pintadas de corte neonazi nalgunhas zonas públicas como paradas de buses, fachadas de viviendas, carteis electorais e mesmo nunhas rochas preto dos cantís de Meirás. Foi esta parroquia xunto con Pantín e Vilarrube as que sofriron o maior número de actos vandálicos de este tipo.

Nas pintadas pódense observar simboloxía nazi, como os números 88, que corresponden á oitava letra do abecedario, a H e que é unha abreviatura de Heil Hitler. Ou tamén o número 14, outro símbolo dos grupos neonazis, que fai refrencia en referencia ás “catorce palabras” pronunciadas por David Lane: «Debemos asegurar a existencia da nosa raza e un futuro para os nenos brancos.»

Cruces celtas, esvásticas ou a numeroloxía nazi -88 e 14- apareceron neste alpendre de Pantín

Tamén, sobre un cartel do candidato do PP, Alberto Nuñez Feijoo pódense ver as iniciais AE, de Arriba España ou nunha marquesiña de bus a frase «España o Muerte», acompañado dunha cruz celta, tamén utilizada por estes grupos. Na fachada dun alpendre en desuso, preto da igrexa de Pantín, tamén se poden ver as famosas esvásticas nazis e incluso o local da asociación de veciños de Pantín sufriu algún ataque similar.

Condea da corporación do Concello

Ante esta oleada de actos vandálicos, o Concello de Valdoviño expuso hoxe que «como concello aberto, democrático e de entendemento entre todas as sensibilidades políticas», o pleno acordou aprobar unha declaración institucional de condea. Ante esta situación, o Concello procederá a tramitar a orrespondente denuncia ante os órganos competentes.

Nesta pada de bus pódese ler «España o muerte» xunto a unha runa clásica dos grupos nazis

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.