Arrancan en Valdoviño as terapias específicas para persoas afectadas de alzheimer

Serán no local de antigua escola de Atios os mércores e xoves de seis a oito da tarde
87151132_2881688271892026_2010286256373628928_o

As veciñas e veciños afectados de alzheimer e outras demencias xa non teñen que desprazarse fóra de Valdoviño para acceder a terapias específicas de estimulación cognitiva. Dende este mes contan con este servizo no local municipal da antiga escola de Atios grazas á colaboración entre o Concello e Afal -Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Ferrol e comarca-.

As sesións celébranse os mércores e xoves de 18.00 as 20.00 horas neste espazo, contiguo ao centro de saúde e á casa da cultura. A semana pasada, o alcalde, Alberto González, e a concelleira de Servizos Sociais, Pilar Caamaño, xunto ao presidente de Afal, Francisco Pantín, visitaron aos primeiros veciños participantes nos talleres e aproveitaron a ocasión para animar ás familias a interesarse polo proxecto e sumarse ao mesmo.

Explicaban desde o goberno local que con esta iniciativa «o Concello quere mellorar a atención ás persoas afectadas de alzheimer e outras demencias, contribuíndo ao seu benestar social e ao respiro familiar das persoas coidadoras». A inscrición está aberta e as persoas interesadas poden solicitar máis información ou formalizar a inscrición no departamento municipal de Servizos Sociais (planta baixa da casa consistorial e teléfono 981 48 70 41 extensión 5) ou en Afal (teléfono 981 37 06 92).

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.