Foros literarios, presentacións, bookcrossing e teatro no Día do Libro de Valdoviño

Os escolares e a rapazada en xeral serán os grandes protagonistas destas actividades
BIBLIO2-1536x1152

O Concello de Valdoviño conmemora o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e o Día do Libro cunha morea de actividades. Ata finais de mes, premiará a visita á Biblioteca con diversos libros e material bibliográfico procedente do fondo descatalogado. Ademais, mañá xoves, a Biblioteca Municipal acollerá pola mañá unha nova sesión do Foro Galego-Literario escolar para o alumnado de 1º e 2º da ESO, e pola tarde, celebrarase o encontro bimensual do Foro para persoas adultas que dirixe o profesor e investigador Antón Cortizas. Neste caso, coa presenza destacada do escritor Manuel Díaz Vázquez, que abordará cos participantes a súa obra.

O sábado 22 de abril, no transcurso do Mercado Ecolóxico e de Consumo Responsable que se celebrará de 10 a 15 h na Porta do Sol, promoverase un intercambio de libros entre o público asistente. Unha forma de coñecer novas obras a través do troco. A seguinte cita cultural en axenda será o venres 28, ás 20:30 h, na Biblio. No marco do programa “Son de aquí e escribo”, a escritora local Alba Santiago Díaz falará para e coa veciñanza sobre o seu libro “El Hogar de Enma”, centrándose tamén no proceso creativo. E pechando o mes, o domingo 30, a compañía Pedras de Cartón traerá ao auditorio municipal, ás 19 h, todo un clásico da literatura a través da súa obra “Lázaro de Tormes”. Con entrada libre e para todos os públicos.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.