O profesor e escritor Henrique Dacosta presentará este xoves en Valdoviño a súa última obra: «O estraño caso da bicicleta amarela» (Belagua). Será a partir das 19:00 horas na Biblioteca Municipal, e ao remate do acto, o autor asinará exemplares do seu libro. Así mesmo, o dúo The Duellist acompañará ao escritor, ofrecendo un pequeno recital co que se poñerá o broche de ouro ao acto.
A obra é unha selección de relatos e unha peza teatral, e toma o nome dun deses contos, baseado nun suceso real acontecido ao seu fillo. Unha lectura moi recomendable da que dará algunhas claves Dacosta en Valdoviño, e que pode converterse no mellor agasallo para este Nadal.