O Concello de Valdoviño completa a renovación da cuberta frontal da Casa da Cultura

Investíronse 20.000 euros nas obras, necesarias a raíz dos danos causados polos últimos temporais
CUBERTA CASA CULTURA

O Concello de Valdoviño vén de completar as obras de substitución da cuberta frontal da Casa da Cultura. Segundo explicou o alcalde, Alberto González, a intervención contou cun orzamento de 20.000 euros e foi necesaria tras os danos causados na infraestrutura polos últimos temporais rexistrados. Coa intervención realizada, recuperouse a cuberta orixinal do edificio.

Esta intervención súmase á realizada nos últimos meses, pola que se levou a cabo a renovación das carpinterías de aluminio de vidro sinxelo por outras de mellores prestacións técnicas na Biblioteca Municipal. Unha intervención que permitiu pór punto e final ás filtracións de auga e entrada de aire ás instalacións garantizando o illamento térmico do espazo e reducindo o gasto eléctrico en calefacción e mantenemento.

Ademais, procedeuse á substitución da porta de emerxencia do auditorio sita na zona lateral, facilitando así o uso e a evacuación en caso de emerxencia e, por último, realizáronse obras de acondicionamento do almacén sito no soto para dotalo de maior accesibilidade e, por tanto, mellorar o seu uso, xa que ata ese momento tratábase dun espazo de difícil acceso.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.