O Concello de Valdoviño estende a iluminación LED á AC-566

O alcalde, Alberto González, avanzou un investimento de 12.000 euros con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental
ALUMBRADOLED1

O Concello de Valdoviño vén de iniciar os traballos de renovación das lámpadas do alumeado público na AC-566 entre o cruce de Aviño e o de San Bartolo. Un tramo no que se substituirán 90 lámpadas incorporando a tecnoloxía LED. Será cun investimento de 12.000 euros con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia e, con el, búscase un triple obxectivo: mellorar a calidade lumínica do alumeado, mellorar a seguridade vial, e reducir o consumo eléctrico rebaixando a factura por este concepto.

A intervención enmárcase no plan de eficiencia enerxética do Concello, polo que nos últimos anos tense completado a renovación por LEDs na AC116 -entre a rotonda de Robles e o límite con Narón-; nos núcleos de Viansil, de Lavacerido, de Taraza, na contorna da praia e lagoa da Frouxeira, na Travesía de Atios, na Porta do Sol, nos entornos do CPI Atios, Centro de Saúde e Casa da Cultura, en puntos das parroquias de Loira, Pantín e Vilarrube, no Carballal e na Avenida Areeiros, así como na contorna das vivendas de Mourente.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.