O Concello de Valdoviño habilitará estacionamentos para persoas con diversidade funcional nas inmediacións da rotonda da Frouxeira

O pleno dá luz verde á modificación da ordenanza de tráfico para incorporar esta iniciativa, demandada por diferentes asociacións

D.G. de Sostenibilidad de la Costa y del Mar

O Concello de Valdoviño prevé habilitar na zona contigua á rotonda da praia da Frouxeira prazas de estacionamento destinadas a aquelas persoas con diversidade funcional. Así o anunciou o alcalde, Alberto González, tras a aprobación inicial en pleno da modificación da ordenanza municipal de tráfico que permite adoptar esta iniciativa.

A medida responde ás demandas trasladadas por diferentes asociacións do ámbito sociosanitario nas xuntanzas mantidas co goberno municipal. Deste xeito, facilitaríase ás persoas con mobilidade reducida o acceso e disfrute ao areal e paseo da Frouxeira. Así mesmo, a modificación tamén contempla a prohibición do estacionamento nun tramo duns 100 metros no vial do lugar da Saíña, na marxe dereita en sentido ascendente.

Salir de la versión móvil