O museo do surf de Valdoviño renova os soportes para exhibir as súas táboas

A institución elixiu o traballo dunha rapaza do CPI Atios como nova mascota para o 2020

O Concello de Valdoviño vén de instalar novos continentes de protección para as táboas a exposición no Océano Surf Museo. O goberno muncipal dá un paso adiante na xestión da conservación preventiva coa instalación de novos continentes para albergar as táboas que se exhiben na exposición permanente. Nesta liña, cabe lembrar que o Museo expón pezas únicas da historia do surf e, con esta acción, quérese evitar o deterioro que puidesen sufrir polo efecto de golpes e manipulacións inadecuadas.

Ademais, os novos continentes das pezas fan do espazo un lugar visualmente máis atractivo despois de que se eliminasen os anteriores soportes que impedían a visión completa das táboas. “Con este tipo de melloras demostramos que continuamos apostando por este proxecto pioneiro en España, nacido en 2017, para dar a coñecer a historia e a cultura surf”, explicando dende o Concello.

Nova mascota

O traballo presentado por Valentina Pena Bustabad, estudante de 5º curso de Educación Infantil no CPI Atios de Valdoviño, resultou o gañador do certame convocado polo Océano Surf Museo para elixir a súa mascota para este ano. Valentina creou unha fermosa balea como imaxe do museo.

A súa forma tan persoal, similar a unha táboa de surf, foi determinante para o xurado á hora de adoptar a súa decisión. Este valorou moito a creatividade de Valentina para reflectir este animal mariño, cheo de vitalidade, con trazo firme e seguro, así como a súa fantástica imaxinación para aplicar alegría a través das cores nun ser que, a priori, pode parecer grisáceo.

 

Salir de la versión móvil