Ondas Novas ofrece bautismos de surf a cidadáns refuxiados da guerra de Ucraína

A escola que capitanea dende Pantín Pedro Navarro continúa promovendo accións cun forte compromiso social
IMG_1447-957x1024

Hai apenas un ano, Pedro Navarro botaba a andar a escola de surf Ondas Novas, e neste tempo ten máis que demostrado que o compromiso social e concienciación medioambiental que defendía como sinal de identidade da súa empresa traspasa as palabras para converterse nunha realidade tanxible. Así, a escola comezaba a ofrecer clases gratuítas de iniciación ao surf para persoas con diferentes capacidades e incentivaba á cidadanía para implicarse na protección do medio premiando a retirada de microplásticos e colillas con horas gratuitas de aluguer de neoprenos e táboas.

Estes días continuaba nesta liña, e convidaba a persoas que chegaron nos últimos meses a Galicia escapando da guerra de Ucraína a evadirse por unhas horas do conflito a través do surf. Encargábase do traslado dun grupo de 6 persoas dende a cidade da Coruña, e ofrecíalles clases de iniciación na praia de Pantín. Era a primeira vez que visitaban Valdoviño e tamén a primeira que practicaban este deporte. Unha experiencia que, sen dúbida, repetirían e que Pedro Navarro se propón reeditar a curto plazo.

Ondas Novas continuará así impulsando iniciativas sociais vencelladas ao surf, complementarias á súa actividade, aberta á cidadanía. Así, ofrece clases en grupo ou individuais ao longo do ano, das que dá boa conta nas súas redes sociais @ondasnovas -Instagram- e @OndasNovasSurfingPantin -Facebook-. O seu teléfono é o 722 15 56 65.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.