Os «makers» de Valdoviño xa levan repartidas máis de 3.000 pantallas protectoras

Son xa un grupo de 31 persoas cun traballo en cadea perefectamente coordinado para producir, almacenar e distribuir este material tan necesario la loita contra os contaxios do coronavirus
SECCIÓN PARTOS ARQUITECTO MARCIDE

O movmento de Makers Valdoviño, que naceu hai apenas 3 semanas da mán de Reyes Montero, é hoxe xa un equipo formado por 31 homes e mulleres, de Valdoviño principalmente, pero tamén doutros concellos limítrofes como Ares, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e incluso Vilalba. Nesta tempo lograron crear xa coas súas impresoras 3D 3.079 pantallas faciais contra o coronavirus.

O destino prioritario das pantallas é claro: centros hospitalarios e de saúde, residencias de maiores, servizos municipais de Axuda no Fogar para dependentes, empresas de atención domiciliaria ou  farmacias entre outos. Tamén os recibiron os establecementos que seguen abertos cara o público, persoas anónimas enfermas ou colexios de profesionais.

A dirección de destino das pantallas faciais tamén é ampla. Aínda que o Concello de Valdoviño é o principal, o material tense trasladado a municipios da contorna como Ares, Mugardos, Fene, Neda, Ortigueira e tamén doutros puntos da provincia da Coruña e da de Lugo. Neste labor xogan un papel moi importante os concellos, as policías locais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil destes, e máis a Garda Civil, que son os encargados de facer a distribución do material.

Dende os makers Valdoviño tamén se quere poñer en valor a extraordinaria colaboración dos negocios locais á hora de ceder recursos para crear as pantallas (gomas, láminas…). Unha axuda que non só chega do noso municipio, senón que tamén procede de establecementos e firmas doutras localidades receptoras das pantallas. Neste sentido, destaca o labor de Amelia, orientadora no IES Leixa, que puntualmente recaba apoios.

Un traballo en cadea

A coordinadora deste movemento, Reyes Montero, explica que este é, fundamentalmente, un traballo en equipo e a rutina diaria dos makers ben semella unha perfecta cadea de producción que conta cunha morea de colaboradores que a fai tamén posible. Sobre as 19.00 horas, a través do grupo de Whatsapp, os makers indican as pantallas feitas e o material que precisan para continuar.

É entón cando Alex Beceiro prepara as bolsas co material que cada un precisa, xa que o seu domicilio é o «almacén central». Sobre as 22.00 horas, péchanse as peticións e Álex e Reyes organizan o reparto. Ao día seguinte, sobre as 10.00 horas, Protección Civil de Valdoviño recolle as bolsas e distribúeas por todas as casas dos makers, recollendo ao mesmo tempo as pantallas feitas. Ás 14.00 horas, conclúe o percorrido coa entrega das pantallas no «almacén central» e, sobre as 16.00 horas, volve a saír Protección Civil de Valdoviño. Nesta ocasión, para entregar as pantallas solicitadas en hospitais, ambulatorios, residencias

A aportación que están a realizar os Makers Valdoviño é, sen dúbida, extraordinaria. Un traballo calado, que nace da necesidade de axudar. Reyes tenno claro: «nin un só dos alumnos e alumnas, de agora ou dos que estudaron no CPI Atios, dixo que non. E iso é o orgullo máis grande». A mesma actitude que tomaron os docentes cos que contactou a propia Reyes para sumar mans á causa. «Con medios propios, ou recurrindo ás impresoras dos colexios, todos dixeron si», asegura.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.