Os “makers” de Valdoviño xa levan repartidas máis de 3.000 pantallas protectoras

Son xa un grupo de 31 persoas cun traballo en cadea perefectamente coordinado para producir, almacenar e distribuir este material tan necesario la loita contra os contaxios do coronavirus

O movmento de Makers Valdoviño, que naceu hai apenas 3 semanas da mán de Reyes Montero, é hoxe xa un equipo formado por 31 homes e mulleres, de Valdoviño principalmente, pero tamén doutros concellos limítrofes como Ares, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e incluso Vilalba. Nesta tempo lograron crear xa coas súas impresoras 3D 3.079 pantallas faciais contra o coronavirus.

O destino prioritario das pantallas é claro: centros hospitalarios e de saúde, residencias de maiores, servizos municipais de Axuda no Fogar para dependentes, empresas de atención domiciliaria ou  farmacias entre outos. Tamén os recibiron os establecementos que seguen abertos cara o público, persoas anónimas enfermas ou colexios de profesionais.

A dirección de destino das pantallas faciais tamén é ampla. Aínda que o Concello de Valdoviño é o principal, o material tense trasladado a municipios da contorna como Ares, Mugardos, Fene, Neda, Ortigueira e tamén doutros puntos da provincia da Coruña e da de Lugo. Neste labor xogan un papel moi importante os concellos, as policías locais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil destes, e máis a Garda Civil, que son os encargados de facer a distribución do material.

Dende os makers Valdoviño tamén se quere poñer en valor a extraordinaria colaboración dos negocios locais á hora de ceder recursos para crear as pantallas (gomas, láminas…). Unha axuda que non só chega do noso municipio, senón que tamén procede de establecementos e firmas doutras localidades receptoras das pantallas. Neste sentido, destaca o labor de Amelia, orientadora no IES Leixa, que puntualmente recaba apoios.

Un traballo en cadea

A coordinadora deste movemento, Reyes Montero, explica que este é, fundamentalmente, un traballo en equipo e a rutina diaria dos makers ben semella unha perfecta cadea de producción que conta cunha morea de colaboradores que a fai tamén posible. Sobre as 19.00 horas, a través do grupo de Whatsapp, os makers indican as pantallas feitas e o material que precisan para continuar.

É entón cando Alex Beceiro prepara as bolsas co material que cada un precisa, xa que o seu domicilio é o «almacén central». Sobre as 22.00 horas, péchanse as peticións e Álex e Reyes organizan o reparto. Ao día seguinte, sobre as 10.00 horas, Protección Civil de Valdoviño recolle as bolsas e distribúeas por todas as casas dos makers, recollendo ao mesmo tempo as pantallas feitas. Ás 14.00 horas, conclúe o percorrido coa entrega das pantallas no «almacén central» e, sobre as 16.00 horas, volve a saír Protección Civil de Valdoviño. Nesta ocasión, para entregar as pantallas solicitadas en hospitais, ambulatorios, residencias

A aportación que están a realizar os Makers Valdoviño é, sen dúbida, extraordinaria. Un traballo calado, que nace da necesidade de axudar. Reyes tenno claro: “nin un só dos alumnos e alumnas, de agora ou dos que estudaron no CPI Atios, dixo que non. E iso é o orgullo máis grande”. A mesma actitude que tomaron os docentes cos que contactou a propia Reyes para sumar mans á causa. “Con medios propios, ou recurrindo ás impresoras dos colexios, todos dixeron si”, asegura.

 

Salir de la versión móvil