Pedras de Cartón trae a Valdoviño a súa última montaxe, “Quixote”

A función, enmarcada nas actividades polo Día das Bibliotecas, terá lugar o domingo ás 18:00 no auditorio da Casa da Cultura
COR8638-1536x1025

A compañía Pedras de Cartón trae este domingo a Valdoviño a súa obra «Quixote», un xogo cómico inspirado na obra de Miguel de Cervantes co que buscan achegar os clásicos a toda a familia, a través dunha proposta chea de humor e case sen palabras. Nela, Don Quixote viaxa polas terras de Castela no seu velocípedo, acompañado do fiel Sancho e un triciclo cargado de maletas. Así, cunha estética inspirada no pallaso clásico (moi ao estilo Fellini) e en clave de clown, a compañía céntrase nas escenas máis icónicas da novela, da relación antagónica entre Quixote e o seu fiel escudeiro Sancho. Con entrada de balde, a función celebrarase no auditorio da casa da cultura, a partir das 18:00 horas, e con ela o Concello pon o broche de ouro á programación deseñada polo Concello, co apoio do programa Ler Conta Moito, para conmemorar o Día das Bibliotecas. 

A dramaturxia do espectáculo é de Juan Rodríguez, que realizou a adaptación sen texto do Lázaro de Tormes. A dirección corre por conta de Laura Sarasola, de Caramuxo Teatro, que dirixiu conxuntamente con Pablo Sánchez o anterior espectáculo de Pedras de Cartón. Así, Quixote estará interpretado por Juan Rodríguez, que representou máis de 20 espectáculos para a infancia e a xuventude con Caramuxo Teatro, cos que conseguiu o María Casares ao mellor espectáculo infantil e recoñecementos na Red Nacional de Teatros, entre outras mencións, e Sancho Panza estará interpretado por Pablo Sánchez, profesional cun recoñecido traballo no campo do clown e o teatro físico, que participou en espectáculos de compañías como San & San, Elefante Elegante, Teatro dos Ghazafelhos, Os Contos de Pablísimo ou Trinke Trinke.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.