Un grupo de “makers” de Valdoviño imprimen máscaras protectoras contra o coronavirus

A inciativa foi posta en marcha por unha veciña da localidade coa axuda do concello e do departamento de tecnoloxía do CPI Atios

En Valdoviño vén de constituírse un grupo de “makers” voluntarios unidos por un obxectivo común: fabricar pantallas faciais de protección contra o coronavirus a través das impresoras 3D. Un movemento aberto á participación de todas e de todos. Alex Beceiro, estudante e veciña de Valdoviño, poñíase en contacto co Concello para impulsar este movemento voluntario dende o municipio. Dende o goberno local entablou conversas co Departamento De Tecnoloxia Cpi de Atios, capitaneado pola arquitecta técnica Reyes Montero e, en menos de 24 horas, xa constituira este grupo de fabricación.

Así, amáis de Reyes e Alex, forman parte do mesmo os alumnos do CPI David Bacorelle, Ainhoa Vigo e Antón Maroño, así como os ex alumnos Raúl Caneiro e Roi Freire. Coordinados, xa puxeron a andar as súas impresoras 3D para materializar un deseño validado polas autoridades sanitarias. O material preciso será financiado polo Concello e, de momento, será a Librería Xeila a encargada de subministrar as láminas de PVC e a mercería Inés González, a goma elástica necesaria.

Para unirse aos “makers” de Valdoviño, tan só é preciso chamar ou enviar un whatsapp ao número habilitado polo Concello: 695 096 198. Unha vez desinfectadas o seu destino será o uso sociosanitario. Ademais, serán reutilizables sempre e cando se desinfecten tras o uso con auga e lixía.

Salir de la versión móvil