Un mural multicor adornará os muros do CPI Atios de Valdoviño para conmemorar o Día da Diversidade Sexual

O Concello e o centro escolar colaboraron nesta iniciativa da mán do pintor afincado no municipio Manuel Carballeira
DIVERSIDADE1

O Concello de Valdoviño, en colaboración co CPI Atios, adiantouse á conmemoración, este domingo, do Día da Diversidade Sexual, cunha fermosa iniciativa na que participou unha representación do alumnado e o pintor afincado no municipio Manuel Carballeira.

A primeira hora da mañá, sacaban os pinceis e os botes de pintura e comezaban a elaborar un mural coa bandeira multicor nun dos muros do centro educativo.

Carballeira foi guiando os seus pasos ata conseguir un resultado espectacular e, sobre este símbolo da diversidade sexual que querían visibilizar, concluíron co lema «Liberdade de Ser e Sentir», o da campaña da Deputación provincial da Coruña á que se ten adherido o Concello de Valdoviño.

A iniciativa formaba parte do programa municipal «Somos e Contamos» que impulsa a Concellería de Servizos Sociais, e completouse co izado da bandeira multicor na fachada da casa consistorial.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.