Primeiros auxilios e o uso do desfibrilador, a nova proposta de Valdoviño para a veciñanza local

As clases forman parte do Programa Municipal Mellora, e continuará a vindeira semana cun curso centrado no voluntariado
FORMACIÓN_VALDOVIÑO1

Un total de 22 veciñas e veciños de Valdoviño tomaron parte o martes 30 de xuño á tarde na Casa da Cultura na Formación en primeiros auxilios e uso do desfibrilador. Como explicaron o alcalde e a concelleira de Servizos Sociais, foi a primeira das accións do Programa Municipal Mellora de formación e acceso ao emprego. Un programa que continuará esta mesma semana con outra nova iniciativa, o curso «Acompañándote, Todas e todos contamos», centrado no voluntariado.

A formación de onte impartiuna Francisco Rascado, médico de familia no centro de saúde de Cedeira e veciño da localidade; Pilar López-Sastre, enfermeira do bloque cirúrxico do Complexo Hospitalario Universitario Arquitecto Marcide e veciña tamén de Valdoviño, e Yésica López Curbeira, médico do servizo de Urxencias do Marcide.

Un curso estaba avalado pola SEMFYC, o Consello Español de RCP e homologado polo Consello Europeo de RCP (ERC). De catro horas e media de duración, no mesmo abordouse o recoñecemento de forma rápida dunha parada cardiorrespiratoria; aplicación das técnicas de permeabilización da vía aérea, incluíndo as medidas iniciais ante a obstrución por un corpo estraño (atragoamento); a reanimación cardiopulmonar de alta calidade, ou o uso do desfibrilador dunha maneira eficaz e segura.

Aberto a todo o mundo, a actividade foi gratuíta para aquelas persoas que se viron afectadas laboralmente pola COVID-19 (cese de actividade autónoma, regularización de emprego (ERTE) ou despido motivado pola mesma situación entre o 18 de marzo e a finalización do estado de alarma).

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.